Nigrán
Finaliza o derribo do antigo matadoiro en Porto do Molle
O vello matadoiro comarcal cesou a súa actividade no ano 2020, sendo o derradeiro vestixio industrial do feísmo en Porto do Molle e único reducto do parque que quedara sen urbanizar
Concello de Nigrán informa da finalización do derribo da nave do antigo matadoiro comarcal en Porto do Molle, ‘Macomusa’. Este era o máximo expoñente do feísmo na contorna e o derradeiro vestixio industrial en todo o recinto, xa que no momento da construción do parque non se chegou a ningún acordo cos propietarios. Sen embargo, tras o peche da empresa no ano 2020, Zona Franca adquiriu estes 12.833 m2 e os incorporou ao seu catálogo para dar cabida a novas empresas, sendo finalmente mercado por Emenasa.
“A nave é xa Historia e a cambio gañamos unha nova empresa que traerá emprego e riqueza a Nigrán”, explica o rexedor, Juan González, sobre Emenasa, con sede en Jacinto Benavente (Vigo) e que, tras un investimento de 10 millóns de euros, trasladará aquí a súa pranta de fabricación e reparación de motores, alternadores e xeradores eléctricos, dando cabida a 70 empregos directos e 200 indirectos. “Macomusa era un parche feo no medio dun parque empresarial que precísamente representa todo o contrario: modernidade, sostibilidade e eficiencia”, considera.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163