PROVINCIA
O PSdeG-PSOE conforma o seu grupo provincial na Deputación
Carlos Font, Ana Mejías, Ana Laura Iglesias, Nuria Rodríguez, Gorka Gómez, Digna Rivas, Carlos Gómez, Gregorio Agís e Javier Mougán
O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra celebrou xuntanzas comarcais en Pontevedra, Vigo e Arousa, os tres partidos xudiciais nos que logrou representación para a próxima Corporación provincial co obxectivo de acadar o necesario consenso na designación dos novos e novas deputados provinciais. As xuntanzas, celebradas onte contaron coa presencia do secretario xeral, David Regades, e a totalidade da dirección provincial.
As Eleccións Locais do pasado 28 de maio outorgaron ao Partido Socialista un total de 9 deputados/as que se reparten nos partidos xudiciais de Vigo (7), Pontevedra (1) e Cambados (1), é dicir, nos tres partidos xudiciais nos que se asigna máis dun escano e, por tanto, se configura unha representación con máis pluralidade.
Despois das xuntanzas comarcais celebradas onte acordouse que o futuro grupo provincial socialista estará composto por Carlos Font, Ana Mejías, Ana Laura Iglesias, Nuria Rodríguez e Gorka Gómez, todos eles concelleiros/as en Vigo. Por este partido xudicial entran tamén Digna Rivas, alcaldesa de Redondela e Carlos Gómez (ex-alcalde de Baiona). As novidades consisten por tanto na entrada de Nuria Rodríguez e de Carlos Gómez, ademais do retorno á Deputación de Digna Rivas, que xa foi deputada no mandato 2011-2015.
Polo partido xudicial de Pontevedra, o deputado socialista seguirá sendo Gregorio Agís (concelleiro en Poio), que retén así a acta que xa defendeu durante o mandato que remata. Finalmente, polo partido xudicial de Cambados entrará Javier Iglesias Mougán (concelleiro en Ribadumia), que é a última novidade.
David Regades: “Sentimos un enorme orgullo da transformación da Deputación e por iso non podiamos prescindir de xente que fixo posibles as políticas que impulsaron como nunca ao mundo local”
Os tres suplentes do PSdeG-PSOE, en cumprimento da normativa electoral, polo partido xudicial de Vigo serán Francisco Ferreira (alcalde de Gondomar), Bibiana Peixoto e Rubén Rial, ámbolos dous concelleira e concelleiro de Nigrán. A proposta da Dirección Provincial socialista, os escanos de Digna Rivas e Carlos Gómez serán rotatorios, polo que aos dous anos serán substituídos polos dous primeiros suplentes.
Ademais, designaranse como suplentes do partido xudicial de Pontevedra a Yoya Blanco (Pontevedra), José Sanmartín (Barro) e Ana Couto (Cerdedo-Cotobade). Polo partido xudicial de Cambados, a Milagros Martínez (Cambados), Martín Casais (Meis) e María Vales (Vilanova).
“Profundo coñecemento da casa”
David Regades destacou que trátase dun “equipo forte”, “un grupo de mulleres e homes nos que se combina perfectamente o profundo coñecemento da casa e que, polo tanto, reúnen os requisitos necesarios para fiscalizar ao futuro grupo de goberno do Partido Popular e reivindicar o traballo de modernización realizado ao longo dos últimos 8 anos coa Administración provincial que liderou Carmela Silva”. Ademais, inclúese a necesaria renovación coa incorporación de novas persoas que son referentes no mundo local.
“As e os socialistas sentimos un enorme orgullo da transformación da Deputación e, a través dela, de toda a provincia e por iso non podiamos configurar o novo grupo provincial, o que vai facer o seu traballo dende a oposición, prescindindo de xente que fixo posibles as políticas que impulsaron como nunca ao mundo local e a toda a provincia. Que fixeron posible iniciativas que marcaron un antes e un despois, como o Plan Concellos; precisábamos de voces autorizadas para recordárllelo ao PP cada vez que faga falta”, afirmou Regades. O secretario xeral destacou que o PSdeG-PSOE fará un traballo serio e rigoroso para seguir garantindo a igualdade, o municipalismo e a atención aos 61 concellos da provincia “e non imos tolerar que se marxine a ningún”. Ademais, adiantou, farase un exhaustivo labor de control para que a transparencia e a concorrencia competitiva sigan sendo norma en tódalas convocatorias provinciais.
O secretario xeral provincial destacou que o Partido Socialista configurou o novo grupo na Deputación a partir do diálogo e o acordo interno e pensando tamén na representación de todo o territorio, a pesar das dificultades que introduce o feito de que o mapa dos partidos xudiciais da provincia resulta tremendamente lesivo para a pluralidade ao dificultar a obtención de deputados/as nos catro partidos xudiciais aos que corresponde un único deputado/a (Lalín, A Estrada, Ponteareas e Tui). Isto, explica David Regades, “é clave para entender o paradoxo de que o PP teña conseguido a maioría absoluta na Deputación con só 180.000 votos, moitos menos que os 256.000 que sumamos o PSdeG-PSOE e o BNG, as dúas forzas que gobernamos a Deputación nos últimos 8 anos”.
As Xuntas Electorais de Zona emitirán proclamarán aos novos deputados e deputadas titulares e suplentes a partir do día 23 e expedirán as súas credenciais, así como os certificados para a Xunta Electoral Provincial e a propia Deputación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49