GALICIA
Rueda salienta o interese de Galicia en reforzar as relacións co Xapón
O presidente da Xunta reuniuse con embaixador do país nipón en España, Takahiro Nakamae
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe o interese do Goberno galego en reforzar as estreitas relacións comerciais e culturais que mantén na actualidade Galicia co Xapón, en especial no referente aos sectores da automoción, do turismo e tamén no das enerxías renovables.
Así llo trasladou o mandatario galego ao embaixador do Xapón en España, Takahiro Nakamae, na reunión mantida esta mañá, acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e na que afondaron nas boas relacións comerciais existentes entre Galicia e o país nipón, centradas especialmente na automoción, nos produtos agroalimentarios e no turismo e abordaron as novas oportunidades existentes para reforzar estes sectores e tamén os emerxentes, como o das enerxías renovables.
Cómpre lembrar que no último quinquenio, as exportacións galegas ao Xapón medraron un 82 % ata alcanzar a cifra récord dos 180,3 millóns de euros. Ademais, os resultados do primeiro cuadrimestre deste 2023 confirman este crecemento, cunha suba do 7,1 %. Neste eido, sobresaen as exportacións do sector da automoción e dos produtos pesqueiros. Así, no 2022 as primeiras supuxeron un volume de negocio de 93.051 millóns de euros, e as segundas, de 8.287 millóns, reflectindo a sintonía da tradición marítimo-pesqueira entre O Xapón e Galicia.
Novas oportunidades no sector das enerxías renovables
As boas relacións comerciais tamén se poñen de manifesto no feito de que o Goberno galego porá en marcha este mesmo ano a Antena Igape en Toquio. Trátase dunha ferramenta baseada na oferta dunha serie de servizos personalizados que ten como propósito diversificar as exportacións do tecido empresarial galego, así como aproveitar as oportunidade de captación de investimentos para Galicia.
Precisamente, entre os sectores nos que se prevé un maior crecemento no Xapón para os vindeiros anos, ademais no das telecomunicacións ou no da biotecnoloxía, atópase o das enerxías renovables, nos que Galicia ten un enorme potencial para converterse en referente.
25 anos de Irmandade entre Camiño de Santiago e o Camiño Kumano-Kodo
A colaboración entre Galicia e o país nipón tamén está cimentada na irmandade existentes desde 1998 entre o Camiño de Santiago e o Camiño Kumano-Kodo, que ten propiciado, no seus 25 anos de posta en marcha, a chamada ‘peregrinación dual’ en ambas rutas e tamén ten acadado darlle pulo ao incremento de cidadáns xaponeses que deciden facer algunha ruta xacobea e descubrir, deste xeito, Galicia.
Precisamente, o presidente da Xunta apuntoulle ao embaixador do Xapón en España que a Comunidade galega estará presente na Tourism Expo Japan-Jata-2023, a feira turística máis importante neste país e que se celebrará en Osaka do 26 ao 29 de outubro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169