VIGO
A Feira do Libro programa en Vigo máis dun centenar de actividades
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración da oitava parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou en Vigo na apertura da Feira do Libo, oitava parada do circuíto impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia que ata o mes de agosto percorre 15 localidades galegas.
Durante a apertura, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades referiuse a parada de Vigo como unha das “máis importantes do circuíto” na que se pon de manifesto “o potencial creativo, intelectual e literario” que ten esta cidade. “A historia e identidade da cidade de Vigo non se pode entender sen a contribución de autores como Xulio Verne, Eduardo Blanco Amor, Xela Arias ou Domingo Villar, referentes, todos eles, no mundo da cultura”, salientou.
Neste senso, animou á cidadanía para aproveitar “as moitas oportunidades de interese cultural que brinda esta cita con case 50 anos de historia” e gozar do hábito lector ao tempo se apoia o traballo de autores, profesionais do sector e libarías.
Calendario ata agosto
A Feira do Libro de Vigo está instalada na Peonil do Calvario cun amplo abano de actividades no que se inclúen máis dun centenar de propostas para todos os públicos. Así, ata o vindeiro xoves 29 están previstas iniciativas como presentacións de obras, sinaturas de libros, recitais poéticos, encontros con profesionais do sector ou espectáculos infantís.
Tras o seu paso por Vigo, o calendario continuará ata agosto con paradas en Ponteareas (do 13 ao 16 de xullo), Rianxo (do 22 ao 25 de xullo), A Coruña (do 1 ao 10), Viveiro (do 12 ao 15), Foz (do 17 ao 20) e Monforte de Lemos (do 23 ao 26).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217