VIGO
O Conservatorio Superior de Música de Vigo impartirá un Máster en Ensinanzas Artísticas
A Xunta implanta así por primeira vez en Galicia ensinanzas artísticas superiores do mesmo nivel dos másteres universitarios oficiais
O Conservatorio Superior de Música de Vigo impartirá o vindeiro curso o primeiro máster en ensinanzas artísticas de Galicia. O Boletín Oficial do Estado publicou a homologación do plan de estudos do título de Máster en Ensinanzas Artísticas en Creación, Interpretación e Investigación Musical, que a Xunta de Galicia decide ofertar neste centro vigués.
Con estas ensinanzas o Goberno galego implanta por primeira vez na nosa comunidade o nivel tres do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES 3) nas ensinanzas artísticas superiores, o mesmo dos másteres universitarios oficiais. Correspóndese co nivel 7 do Marco europeo de cualificacións.
Cunha duración dun curso académico, un total de 60 créditos ECTS, o alumnado do máster poderá elixir entre tres itinerarios: Creación, Interpretación e Investigación. Ofertaranse un total de 42 prazas (oito delas reservadas para persoas con discapacidade) para o curso 2023/24: catro para o de creación, oito para o de investigación e 30 para o de interpretación. Neste último haberá prazas para canto (2), clarinete (2), clave (1), contrabaixo (1), fagot (1), frauta travesa (2), guitarra (2), instrumentos de corda pulsada do Renacemento e do Barroco (1), óboe (1), percusión (1), piano (2), saxofón (2), trompeta (1), trompa (1), tuba (2), viola (1), viola da gamba (2), violín (2), violín barroco (1) e violoncello (2).
As persoas que desexen acceder a estas ensinanzas deberán estar en posesión dun título de grao en ensinanzas artísticas superiores ou dun título universitario de grao e superar unha proba específica de acceso (diferente para cada un dos tres itinerarios). A matrícula para as probas de acceso a este máster estará aberta desde hoxe ata o 29 de xuño, e poderase acceder ao formulario correspondente desde a aplicación de xestión das solicitudes de praza para centros de ensinanzas artísticas superiores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217