Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 26 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas oferta unha ducia de escolas deportivas gratuítas para este verán

A alcaldesa, Nava Castro, convida a todos os nenos e nenas a participar nestas escolas deportivas, “unha oferta pensada para que infancia e mocidade desfruten do seu tempo de lecer de xeito saudable e educativo”

O Concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas gratuítas que se desenvolverán durante os meses de verán. Un total de dez modalidades deportivas diferentes que compoñen unha oferta variada e moi completa na que a rapazada poderá coñecer e probar novos deportes. Tenis, wushu e taekwondo, patinaxe, baloncesto, fútbol, natación, ciclismo, petanca ou hóckey son algunhas das modalidades que figuran neste amplo programa deportivo para xullo e agosto.

 

A alcaldesa, Nava Castro, convida a todos os nenos e nenas a participar nalgunha destas escolas deportivas, “unha oferta pensada para que infancia e mocidade desfruten do seu tempo de lecer de xeito saudable e educativo”. “Con estas iniciativas buscamos crear un ambiente propicio para o desenvolvemento físico e mental de mozos e mozas nunha época do ano na que dispoñen de moito tempo libre á vez que lles ofrecemos oportunidades de aprendizaxe nun ambiente amable e divertido”, resalta.

 

As persoas interesadas poden xa realizar as inscricións nas distintas modalidades enviando un correo electrónico a deportes@ponteareas.gal ou de forma presencial no departamento de Deportes, situado no andar baixo do Concello.

 

Os rapaces e rapazas poderán practicar así tenis co Club Tenis Ponteareas en xullo e agosto na Freixa, wushu e taekwondo co Club Sport Factory no Fermín Bouza Brey ou no IES Val do Tea ou patinaxe co Club Luar, baloncesto co Club Baloncesto Ponteareas e hóckey no pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino. Tamén poderán desfrutar da auga e da natación da man do Club Natación Ponteareas, da bicicleta co Club Ciclista Ponteareas ou mesmo coñecer a petanca nas Pombas co Club Petanca Ponteareas. Para aqueles nenos e nenas que prefiran o fútbol, poderán participar nas escolas deportivas organizadas pola SD Cultural Areas ou o Sporting Club San Mateo ou no de tecnificación da Escola Deportiva Futsal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.