SALVATERRA DE MIÑO
Nova responsábel local do BNG de Salvaterra de Miño
O pasado 21 de xuño en Asemblea Local Ordinaria o Bloque Nacionalista Galego de Salvaterra de Miño designou por consenso unánime unha nova responsábel local do partido. Dito cargo recae na persoa de Jasmín Márquez que ocupará o lugar que até agora desempeñaba Xosé Antón Silva.
Veciña de Grixó, na parroquia de Alxén, Jasmín é graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios pola Universidade de Vigo e formou parte da candidatura do BNG de Salvaterra nas pasadas eleccións municipais.
Tras os bos resultados acadados nos comicios do 28 de maio onde o BNG sumou dúas concelleiras máis (xa son catro no total), o equipo de Patricia Mariño segue apuntalando o organigrama interno para continuar medrando e consolidar a liña ascendente da formación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217