GALICIA
Boa acollida en Galicia da simplificación do certificado das familias numerosas e monoparentais
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, abordou as medidas adoptadas polo Goberno galego para as familias de especial consideración
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou onte a boa acollida que están a ter as medidas adoptadas pola Xunta para axilizar a tramitación e expedición dos títulos de familia numerosa así como dos certificados de familia monoparental. Fíxoo no pleno do Observatorio Galego de Familia e Infancia, órgano colexiado que asesora, estuda e propón actuacións nesta materia, e no que están representados as distintas administracións, os ámbitos xudicial, sindical e empresarial e entidades.
Jacobo Rey sinalou que o obxectivo de simplificar estes trámites é facilitar tanto ás familias numerosas como ás monoparentais o acceso e mantemento dos beneficios que lles corresponden en canto que son familias de especial consideración. Así, lembrou que o título de familia numerosa xa se expide en Galicia cunha vixencia que chega ata a data na que o maior dos fillos cumpra os 26 anos. Isto permite que as familias que contan con fillos maiores de 21 anos xa non teñan que renovar anualmente o seu título.
No caso das familias monoparentais, tampouco teñen xa que renovar o seu certificado anualmente, senón que se establece unha vixencia de dous anos desde a data de solicitude para aquelas presentadas desde o pasado mes de abril. Ademais, fíxase a prórroga automática de dous anos de todos os certificados de familia monoparental cuxa caducidade se produza entre o pasado 1 de abril e o 31 de decembro deste ano.
O director xeral destacou que con estas medidas, que xa está a aplicar o Executivo autonómico, afórranse trámites administrativos ás familias e evítanse posibles demoras na renovación dos títulos e certificados, co conseguinte prexuízo que isto pode ocasionar no acceso ás vantaxes e beneficios que leva aparellado ser familia numerosa ou monoparental.
No pleno do Observatorio abordáronse outras cuestións, relacionadas co acollemento familiar, datos estatísticos en materia de familia e infancia ou a recente constitución do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170