Vigo
A Xunta comezou as obras do novo Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo
A Xunta comezou as obras de construción novo Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo, que suporán un investimento de máis de 14,8 M€.
Esta actuación, que ten un prazo de execución de 18 meses, iniciouse polos traballos previos de movemento de terras.
As obras consisten na execución do novo centro de saúde que ocupará o espazo do antigo edificio da Audiencia Provincial, na rúa Lalín. O novo centro integral de saúde situarase nas proximidades da praza de América, entre os barrios das Travesas e Coia.
En concreto, remodelarase a distribución interior do edificio, xa que está adaptada ao uso xudicial anterior.
As súas fachadas tamén serán renovadas, adaptándoas ás necesidades de iluminación natural requiridas para crear espazos sanitarios de calidade.
As instalacións, con 7.619 m² construídos, albergarán servizo de urxencias, unha área asistencial con 20 consultas de medicina xeral, 20 de enfermería, 8 de pediatría, 8 de enfermaría pediátrica, 2 de odontoloxía e áreas da muller, de rehabilitación, de telemedicina, de administración e a base do 061.
Será un edificio funcional e acolledor, cunha envolvente que garante a posibilidade de que a maioría dos postos de traballo e estancia de pacientes dispoñan de luz natural e contacto co exterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217