Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 30 de Junio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Traspaso de poderes na Deputación de Pontevedra

Encontro esta mañá das delegacións dos grupos provinciais de PSOE, BNG e PP

O goberno en funcións da Deputación de Pontevedra fixo oficial onte o traspaso de poderes ao grupo provincial do Partido Popular, nun encontro no que participaron o deputado portavoz do PSdG-PSOE en funcións, Carlos Font, o voceiro do BNG e vicepresidente en funcións César Mosquera, e o deputado e voceiro en funcións do PP, Jorge Cubela, acompañado de Marta Fernández Tapias.

 

Na reunión, que se desenvolveu de forma cordial, Mosquera e Font fixeron entrega á delegación popular de toda a documentación dos proxectos e programas que está a desenvolver a Deputación. O dossier, cun total de 300 folios, ofrece toda a información detallada das 27 áreas de servizo, a fin de que o goberno entrante na institución poida tomar así as decisións que considere convenientes.

 

O pleno de constitución da nova corporación da Deputación de Pontevedra xa está fixado para o vindeiro xoves, 6 de xullo, ás 12.00h, unha vez chegou esta mañá, procedente da Xunta Electoral, a documentación das novas deputadas e deputados. Ambas as dúas delegacións reuniranse de novo mañá venres para organizar o protocolo da toma de posesión da nova corporación provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.