TURISMO
Xosé Merelles salienta as grandes posibilidades que ofrece Galicia para a organización de congresos e reunións profesionais
O director de Turismo de Galicia resaltou a variedade de espazos e contornas naturais e patrimoniais cos que conta a nosa comunidade
O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles salientou hoxe as grandes posibilidades que ofrece Galicia para a organización de congresos e reunións profesionais, no marco da inauguración do “Global Mice Forum”, que ten lugar no Eurostars Gran Hotel A Toxa
Segundo explicou Xosé Merelles, dende a Xunta apoiamos a este sector dende o primeiro momento, xa que foi un dos máis afectados no ámbito turístico pola pandemia, o que se está reflectindo nun aumento do número de persoas que visitan Galicia para asistir a reunións, congresos ou convencións. O que tamén contribúe a mellora de infraestruturas como os centros de congresos, a capacidade hoteleira, e a mellora das comunicacións, entre outras.
Merelles destacou a importancia deste segmento para o conxunto da oferta turística galega, xa que é un tipo de turismo clave pola súa capacidade desestacionalizadora e para potenciar o turismo de valor engadido, imprescindible para descentralizar a oferta turística máis aló dos meses de verán.
Por iso, para potenciar a oferta turística galega, dende a Xunta puxéronse en marcha medidas entre as que destacan a diversificación da oferta turística, coa promoción, por exemplo, do turismo de reunións, do turismo de congresos. Todas as infraestruturas e servizos, sumados á hostalería, fan que Galicia se estea consolidando como un referente do turismo de congresos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149