Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 07 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Concello do Rosal aproba a súa organización municipal

A alcaldesa destacou o compromiso do equipo de Goberno para mellorar a calidade de vida da veciñanza e que “O Rosal sexa o lugar elixido por moitas persoas para desenvolver o seu proxecto de vida”

O Concello do Rosal aprobou este pasado  martes en pleno a organización e funcionamento da Corporación municipal para o mandato que acaba de comezar, no que se abordaron cuestións como as competencias de cada concelleira e concelleiro, as dedicacións, a composición e atribucións da Xunta de Goberno Local ou a periodicidade das sesións plenarias.


Como sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, a estrutura do equipo de Goberno municipal responde ao obxectivo de poñer á veciñanza e as súas necesidades no centro da acción política e facelo “cun equipo preparado, diverso, capacitado e con moitas ganas e ilusión para seguir mellorando a calidade de vida de rosaleiros e rosaleiras”. “Traballaremos para que O Rosal se converta no lugar elixido por moitas persoas para desenvolver o seu proxecto de vida”, salientou.


Neste camiño, dende Alcaldía manterase tamén a coordinación das áreas de Economía e Facenda, Formación e Emprego, Proxectos, Mobilidade, Participación Veciñal e Comunicación e Transparencia. En canto aos concelleiros e concelleiras delegadas do equipo de Goberno establécense as seguintes atribucións:

 

  • Germán Fernández Rodríguez levará Vías e Obras, Tráfico, Protección Civil, Saneamento e redes de subministro.
  • Beatriz Rodríguez Alfonso estará ao fronte de Medio Ambiente, Benestar Social, Igualdade, Voluntariado, Montes e augas.
  • José Carlos Martínez Crespo asumirá as áreas de Deportes, Educación e Turismo.
  • Roxelio Fernández Portela levará Urbanismo.
  • Carlos Villanueva Domínguez coordinará Cultura, Patrimonio, Sanidade e Transporte.
  • Alejandro González Martínez collerá as rendas das áreas de Comercio, Novas Tecnoloxías e Dixitalización, Xuventude e Persoal.

 

Respecto ás dedicacións e retribucións, o Concello do Rosal mantense a mesma dedicación exclusiva de 38.500 euros ao ano da Alcaldía e establécense dúas parciais ao 75% de 28.000 euros e unha parcial a media xornada de 18.000 euros, que exercerán Germán Fernández, Beatriz Rodríguez e José Carlos Martínez Crespo, respectivamente. Pola súa banda, outros tres edís desempeñarán o seu cargo sen dedicación.


Ademais, durante o pleno acordouse a periodicidade das sesións plenarias ordinarias, fixada para os últimos xoves dos meses impares ás 20.30 horas, e a composición, atribucións e funcionamento da Xunta de Goberno Local, que permitirá unha maior eficacia e celeridade na resolución de determinados asuntos de interese público.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.