Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 10:16:34 horas

Xornal21.es
Viernes, 07 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello de Tomiño organiza o Goberno municipal en tres grandes áreas

Establécense as áreas de Territorio e Ambiente, Social e Promoción do Benestar e Parroquias, Obras e Participación Veciñal, que englobarán varias concellerías

O Concello de Tomiño organizará o seu Goberno municipal en tres grandes áreas principais coas que se busca poñer á veciñanza e ás súas necesidades no centro da acción política. Neste camiño, o Goberno local contará coas áreas de Territorio e Ambiente, Social e Promoción do Benestar e Parroquias, Obras e Participación Veciñal, englobando cada unha delas varias concellerías con responsabilidades específicas.


“Esta nova estrutura do equipo de Goberno reflicte o noso compromiso por poñer aos veciños se veciñas no centro de todas as nosas accións, dándolles voz para construír un futuro próspero e sostible para o noso municipio”, salientou a alcaldesa, Sandra González. A rexedora destacou ademais que con estas áreas claramente definidas “poderemos brindar unha atención máis directa coa veciñanza e fortalecer lazos para seguir gobernando con responsabilidade, transparencia e proximidade”.


A primeira área, Territorio e Ambiente, estará coordinada por Uxío Benítez, que asumirá a Concellería de Planificación Estratéxica, Facenda e Acción Urbana. Lois Vázquez estará ao fronte da Concellería do Ciclo da Auga e Eficiencia Enerxética, mentres que Ana Belén Casaleiro encargarase da Concellería de Medio Ambiente e Axenda 2030.


Pola súa parte, Cristina Martínez coordinará á área de Parroquias, Obras e Participación Veciñal e asumirá a Concellería de Parroquias e Participación Veciñal. Esta área compleméntase coa Concellería de Obras e Acción Rural, a cargo de Alexandre Pérez.


Finalmente, a área Social e de Promoción do Benestar estará coordinada por Rubén García, quen tamén asumirá a Concellería de Benestar Social e Deporte. Esta área incluirá tamén á Concellería de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística, con Ana Isabel Fernández Carrera como responsable, e a Concellería de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil, encabezada por Ana Fernández Ordóñez.


Ademais, neste camiño por seguir achegándose ás necesidades da veciñanza de todas as parroquias e implicar a tomiñeses e tomiñesas no futuro do municipio, o Goberno municipal estruturarase tamén territorialmente e cada un os concelleiros e concelleiras serán responsables de varias parroquias.


Por outra banda, as dedicacións e retribución mantéñense igual que ata o momento, cunha dedicación exclusiva de 48.787 euros, catro parciais ao 75% de 24.020 euros e unha ao 35% de 10.918 euros. A única novidade neste sentido será a incorporación da figura da Tenencia de Alcaldía que asumirá Uxío Benítez e que contará cunha dedicación parcial ao 75% cunha retribución bruta anual de 32.931 euros.


O Concello de Tomiño aprobou esta nova organización este xoves nun pleno no que tamén se acordou a periodicidade das sesións plenarias ordinarias, fixadas para os últimos xoves dos meses pares ás 20.00 horas, así como a composición da Xunta de Goberno Local, das Comisións Informativas e os representantes na Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.