Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 08 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas dá xaque mate ao aburrimento co I Torneo Nocturno de Xadrez Blitz

Xa está aberto o prazo para inscribirse neste campionato organizado pola Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas e que se celebrará o 15 de xullo

Ponteareas prepárase para acoller o I Torneo Nocturno Xadrez Blitz ‘Parque A Curuxeira’, un emocionante evento que promete cativar a público e participantes. Organizado pola Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas, a intensa competición disputarase o vindeiro sábado 15 de xullo a partir das 22.15 horas mediante sistema suízo de 11 roldas válido para o ranking ELO Fide de Blitz.

 

As persoas interesadas en participar poden xa inscribirse ata o vindeiro 14 de xullo enviando un correo electrónico ao enderezo xadrezponteareas@yahoo.es ou no teléfono 627 249 951. O prezo de inscrición será de 3 euros.

 

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, amosou o seu entusiasmo por este torneo, “unha oportunidade excepcional para que as e os amantes do xadrez demostren as súas habilidades nunha contorna única. Para o Concello é un orgullo apoiar este evento no que agardamos dar a benvida a xogadores e xogadoras de toda a rexión”.

 

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Francisco Represas, destacou que “o xadrez é un xogo que require estratexia e determinación e este torneo será sen dúbida unha experiencia emocionante para participantes e espectadores e espectadoras. Animamos a todas as ponteareás e ponteareáns a unirse e gozar dunha noite diferente de xadrez no Parque da Curuxeira”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.