Viernes, 24 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 23 de Abril de 2026 a las 21:26:54 horas

Xornal21.es
Domingo, 09 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

As obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 atópanse no 82% de execución

Os traballos de movemento de terras xa roldan o 89% da execución total e a construción das estruturas aproxímase ao 95%

A Xunta avanza nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55, cun grao de execución que acada o 82%.

 

As actuacións continúan progresando nesta infraestrutura viaria, constatando uns traballos de movemento de terras que xa roldan o 89% da execución total.

 

Comezaron os traballos afectados polo corte de tráfico dos ramais do enlace do punto quilométrico 30+000 en sentido decrecente, estando o itinerario alternativo habilitado. Isto é necesario para executar o ramal directo entre a N-551 e a glorieta elevada sobre a A-55, solapándose coa construción do ramal de entrada ao enlace que xera movemento de terras, así como un paso superior para salvar o regato San Martiño e unha zona de cautela arqueolóxica

 

No que se refire ás estruturas, o grao de execución xa se aproxima ao 95%. Avanzan os traballos no paso superior no tronco da A-55. Executouse unha subestrutura da marxe esquerda para a ampliación da estrutura e montáronse dúas vigas metálicas que conforman o tableiro.

 

Unha parte da nova glorieta elevada está a funcionar para canalizar o desvío de tráfico a través do polígono de Areas.

 

Con respecto ao paso superior para salvar o regato San Martiño, así como un elemento etnográfico, xa se executaron as cimentacións e comezou a construción das pilas e os capiteis. A montaxe do taboleiro prevese para a primeira quincena de agosto.


Os pasos inferiores xa se atopan executados na súa totalidade e os muros previstos roldan un grao de execución do 75%.

 

Cómpre lembrar que para acometer estas intervencións están a realizarse cortes de tráfico nos ramais de entrada e saída do enlace do punto quilométrico 30 en sentido Vigo da autovía A-55. Para garantir a circulación do tráfico habilitáronse desvíos alternativos que están debidamente sinalizados.

 

Estas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 e o polígono de Areas supoñen un investimento autonómico de 30 M€ e son estratéxicas para reforzar a seguridade viaria e aumentar a competitividade nesta contorna.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.