Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 08 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O programa “Bosques terapéuticos” percorre esta fin de semana a carballeira de San Xusto e o Lago Castiñeiras

As actividades permiten gozar dunha experiencia cultural enriquecedora, baseada na terapia xaponesa ‘shinrin yoku’, nestes espazos naturais de Cerdedo-Cotobade, Marín e Vilaboa

O programa “Bosques Terapéuticos”, co que a Deputación promove actividades baseadas na terapia oriental shinrin yoku (baño de bosque), continúa o seu percorrido por espazos naturais da provincia esta fin de semana con dúas novas rutas nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Marín e Vilaboa que contan con todas as prazas esgotadas. O sábado 8 terá lugar unha ruta polo lago Castiñeiras e o domingo 9 de xullo pola carballeira de San Xusto, onde as 30 persoas participantes poderán desfrutar dunha actividade que mestura natureza, exercicio, cultura, historia e saúde a través dunha técnica orixinaria de Xapón que consiste no internamento na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión. O obxectivo último é proporcionarlles ás persoas participantes unha experiencia cultural terapéutica e enriquecedora.

 

A ruta polo lago Castiñeiras (que transcorre polos concellos de Marín e Vilaboa) terá unha duración de 2 horas nas que se percorrerá unha distancia de 750 metros neste lago artificial situado no monte de Cotorredondo, que conforma un dos parques forestais máis antigos de Galicia, creado a partir dos anos 50 do pasado século polo enxeñeiro Rafael Areses. O parque conta cunhas 70 hectáreas de superficie repoboadas con castiñeiros, bidueiros, carballos americanos e outras especies exóticas. Ademais, no parque atópase un campo con catro mámoas, entre as que salienta a do Rei.

 

A carballeira de San Xusto (Cerdedo-Cotobade) é un lugar de encontro tradicional e, tamén, un referente de lendas e contos. Contén carballos centenarios, castiñeiros e carballos americanos e está presidida por un cruceiro e unha capela na que se celebra a romaría de San Xusto e San Pastor os días 5 e 6 de agosto. Antigamente nela celebrábase tamén o baile das espadas, e a mocidade da zona ía á caza de cabras bravas colgadas sobre os acantilados do val. Na procesión da romaría, ademais das imaxes dos santos, levábase o estandarte da Sociedade de Labregos de San Xurxo de Sacos, fundada en 1903. En xuño de 2007 inaugurouse unha estatua en lembranza da loita veciñal, ideada polo escultor Alfonso Vilar e rematada polo alumnado da Escola de Cantería da Deputación.

 

As dúas rutas, que comezarán ás 10:00 horas, parten da premisa de abrir os cinco sentidos, respirando a fondo e camiñando mentres se conecta coa natureza. As persoas asistentes son instadas a desconectar os dispositivos móbiles, observar a luz solar que penetra entre as follas, percibir os sons e aromas que as rodean, camiñar en silencio e en calma, e deixarse levar sentíndose parte da experiencia.

 

Quen queira ser partícipe da experiencia de “Bosques Terapéuticos” terá que agardar ata o luns 17 de xullo para inscribirse nas quendas de agosto, xa que todas as rutas de xullo esgotaron a totalidade das prazas ofertadas. Neste mes os percorridos continúan o sábado 15 no río Eifonso, o domingo 16 na fervenza do río Toxa (que tamén será o escenario da última quenda do mes, o domingo 30), o sábado 22 na illa de Tambo, o domingo 23 na Ruta da Pedra e da Auga e o sábado 29 na ponte colgante do río Lérez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.