SALUD
As residencias de maiores comezan unha nova etapa tras levantarse as últimas restricións pola pandemia
A conselleira de Política Social e Xuventude visitou esta semana a residencia de maiores Amboage, no concello da Estrada
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, afirmou esta semana que as residencias de maiores comezan unha nova etapa tras levantarse as últimas restricións pola pandemia. Así o manifestou durante unha visita os usuarios da residencia de maiores Amboage, no concello da Estrada, onde puido coñecer as primeiras impresións dos maiores tras esta nova medida adoptada a nivel nacional.
A conselleira celebrou que os usuarios destes centros e os seus profesionais poidan por fin prescindir das máscaras logo dos difíciles momentos vividos durante a pandemia da covid-19. Neste sentido, lembrou que esta mesma semana o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a finalización da crise sanitaria e a eliminación da máscara naqueles lugares nos que aínda eran obrigatorias, como as residencias.
Fabiola García apuntou que para iniciar esta nova etapa o Goberno galego ten elaborado un novo modelo de coidados no que se recollen as leccións aprendidas durante a pandemia e no que se busca mellorar o sistema de atención. Estas medidas teñen como obxectivo crear centros máis parecidos a un fogar, máis tecnolóxicos, máis coordinados a nivel sociosanitario e tamén con espazos máis reducidos e privados para os usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218