Nigrán
Nigrán aproba a composición e funcionamento do novo goberno municipal
O Pleno extraordinario aprobou as responsabilidades e dedicacións do alcalde e os seus 10 concelleiros cun organigrama moi similar ao pasado mandato engadindo novas áreas, como Vivenda ou Accesibilidade
O goberno de Nigrán oficializou hoxe nun pleno extraordinario a estruturación e funcionamento do Concello nos próximos 4 anos. A organización política do goberno socialista de Juan González apenas difire do pasado mandato, asumindo responsabilidades os seus 11 compoñentes. Como cambio, as sesións plenarias trasládanse dos luns aos derradeiros martes de cada mes, sendo o próximo ás 8:30 por necesidade puntual de conciliación laboral do equipo de goberno, pero, tal e como se acordou hoxe, o horario será consensuado entre todos os grupos en setembro para comprobar se así se facilitaría unha maior asistencia da veciñanza.
A principal novidade política deste terceiro mandato consecutivo de González (fito histórico en Nigrán) reside en que o alcalde asumirá directamente Turismo, Economía e Facenda e delegará Desenvolvemento Sostible (con especial atención ao programa ‘Vía Bici’) a Roberto Garrido, edil de nova incorporación licenciado en Historia e que tamén xestionará Cultura. Pola súa banda, o primeiro teniente de Alcalde, Rubén Rial, repetirá coa súa concellería de Vías e Obras, Servizos Urbanos e Seguridade a sumará a área de Contratación; mentres que Diego García, segundo teniente de Alcalde, engadirá tamén dúas novas áreas, Vivenda e Xestión Municipal, a Urbanismo, Medio Ambiente e Recursos Humanos. As tenencias de alcaldía e o propio alcalde serán os únicos cargos con adicación exclusiva, mantendo González o mesmo salario que no pasado mandato, 45.000 €/ano, e outorgando 41.000 €/ano ás tenencias de alcaldía. “Son dúas concellerías de moitísimo peso, con persoas que levan no goberno desde 2015”, explica o rexedor, quen defende a novidade de ‘Vivenda’ como un apartado especialmente relevante “tendo en conta a próxima aprobación do PXOM e a necesidade que ten a xuventude de Nigrán de acceder a vivenda social”. Outro dos cambios é que a edil Cristina Dosil pasará a levar Relacións Veciñais, Xuventude, Festexos Populares e Comercio, carteiras repartidas antes entre diferentes concellalías e que agora concentrará ela soa.
Por outra banda, as dúas novas ediles Estela Pérez (dedicación parcial) e Sara Penedo, licenciadas en Maxisterio e Ciencias da Actividade Física e o Deporte respectivamente, asumirán áreas relacionadas directamente coa súa formación académica: Penedo Deportes, relevando a Luis Sanromán ao fronte desde 2015; e Pérez, Educación, relevando a Marina Vidal. Ademais, esta última (quen xa fora concelleira co socialista Efrén Juanes como alcalde) xestionará tamén Emprego tendo en conta a especial importancia que a formación ten nesta área e un novo eido,e ‘Accesibilidade’, xurdido por vez primeira como un apartado específico no que se concentrará boa parte da política de ‘Un Nigrán para todos’. O resto do goberno mantense moi similar con Bibiana Peixoto (dedicación parcial) sumando a Servizos Sociales, Participación Cidadá; María Mayán (dedicación parcial) repetindo con Terceira Idade; Patricia Diego (dedicación parcial) con Igualdade e Voluntariado; e Alfonso Vázquez con Sanidade, Abastos, Mercados e Turismo Social. A retribución bruta das cinco persoas con dedicación parcial será de 24.000 €/ano.
Pola súa banda, todos os ediles da corporación municipal (agás os que teñen algún tipo de dedicación) percibirán 275 € por asistencia aos plenos e 175 € por asistencia Comisións Informativas. Igualmente, cada partido político representado percibirá 200 €/mes e os seus compoñentes 50€/mes.
“A estrutura mantense case igual porque ten demostrado o seu bo funcionamento os pasados catro anos, por iso repetimos cunha ampla maioría absoluta”, explica González, quen presidirá unha corporación formada polos 11 representantes do PSOE no goberno, e na oposición, 5 do PP e 1 do BNG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163