Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 11 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas arranca este verán cunha nova visita da unidade móbil de doazón de sangue

Estará na Avenida de Galiza o mércores 12 e o xoves 13 de xullo de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas

[Img #82971]O verán arranca en Ponteareas cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que estará os vindeiros 12 e 13 de xullo na vila para todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade. Estas dúas xornadas o autobús situarase na Avenida de Galiza, na parte traseira da Casa do Concello, en horario de mañá e tarde: de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas.

 

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que cada día mantén abertos locais de doazón nas sete grandes cidades de Galicia e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que logo son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.

 

Dende a Axencia lembran que para poder doar todas as persoas deben ser maiores de 18 anos e pesar máis de 50 kg, así como non ter febre, tose ou problemas respiratorios durante os 15 días antes da doazón. É importante ademais levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar e informar ao médico de se se está a tomar algún tipo de tratamento médico.

 

Para maior información, a Axencia dispón do teléfono gratuíto de atención ao público  900 100 828, a través do que consultar calquera dúbida sobre a doazón de sangue ou a localización das unidades móbiles.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.