Jueves, 04 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 13 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos recibe en Silleda o premio do programa da Xunta e Ecoembes

Trátase dun plan para incrementar a recuperación de envases de plástico, latas e briks depositados no contedor amarelo

A concelleira de Atención Veciñal, Medio Ambiente, Mantemento de Zonas Urbanas, Parques e Xardíns, Laura Méndez, recibiu esta mañá en nome do Concello de Mos o premio da Xunta de Galicia e Ecoembes obtido tras participar na cuarta edición da iniciativa Únete ao reto.


Mos recibe deste xeito unha contía de 1.500 euros que debe ir destinada a financiar un proxecto social local. O obxectivo desta iniciativa era fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en contedores amarelos en 11 concellos das catro provincias. Tan só lograron superar o reto 7 dos concellos galegos participantes. Entre eles atópase o Concello de Mos, no que se instalaron elementos publicitarios da campaña na fachada da propia Casa Consitorial e na zona do Multiusos das Pozas (onde se colocou un contedor xigante), precisamente xunto ao parque infantil temático da reciclaxe.


O reto da campaña Únete ao reto, valla a redundancia, consistía en incrementar, polo menos, nun 10 % as cifras de recuperación deste tipo de residuos con respecto ao ano anterior. Para cumprir o obxectivo, os municipios contaron con programación especial nas súas rúas durante tres meses para concienciar á cidadanía da importancia e o beneficioso que é para o medio ambiente este pequeno xesto.  


As localidades que, como Mos, lograron o reto recibiron como recompensa 1.500 euros, unha cantidade que deberán destinar á causa social local que elixan. Os concellos participantes foron: Arzúa, Melide, Ribadeo, Barbadás, Celanova, Xinzo de Limia, Baiona, Mos, Nigrán, Salvaterra de Miño e Silleda; que, en total, suman preto de 140.000 habitantes.


Entre as medidas que se levaron a cabo para superar o desafío, estivo a instalación de contedores xigantes e a realización actividades de concienciación a pé de rúa. Estas accións foron promovidas polos 16 monitores do proxecto, que estaiveron un mínimo de 4 días en cada un dos 11 municipios que colaboraron na campaña. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.