Miércoles, 03 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Mos homenaxea ás Lagharteiras polo seu papel no Himno do Centenario do Celta

Un himno que foi composto por C Tangana

As Lagharteiras, un grupo musical de Mos, foron homenaxeadas o pasado venres no Concello de Mos en recoñecemento á súa colaboración no tema "Oliveira dos cen anos", o Himno do RC Celta conmemorativo do centenario do clube celeste, que se celebrará este ano o 23 de agosto.

 

 

 

Belén, María, Tamara, Leti, Uxi, Marta e Patri, as integrantes das Lagharteiras, estiveron presentes no evento, onde foron recibidas pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, os tenentes de alcaldesa Camilo Grandal e Leo Costas, e a concelleira Feli Rodíguez.

 

O himno, composto por C Tangana, é unha obra que combina a tradición e o folclore galego. Foi presentado a semana pasada no Teatro Afundación de Vigo e recibiu unha gran acollida.

 

[Img #83073]

 

As Lagharteiras expresaron a súa gratitude na Casa Consistorial do seu Concello, sinalando que se senten afortunadas de participar nesta marabilla que recoñece as súas raíces e a súa música. Manifestaron o seu orgullo e ilusión por formar parte deste proxecto, e agradeceron a C Tangana, ao RC Celta e a todos aqueles que colaboraron neste traballo. As artistas mosenses están emocionadas e desexan ao Celta outros cen anos cheos de emoción, traballo en equipo e paixón.

 

Con este recoñecemento, o Concello de Mos quere destacar a contribución das Lagharteiras ao patrimonio musical e cultural da rexión, así como a súa participación na celebración do centenario dun dos clubs máis queridos de Galicia, o RC Celta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.