Miércoles, 03 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 22 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
Mos

Mos oferta clases de Aquagym no programa Municipal ‘Exercítate no verán’

Comezaron esta semana na piscina ao aire libre de San Eleuterio e son totalmente de balde

A concelleira de Deportes do Concello de Mos, Feli Rodríguez, informou de que hai un total de 60 inscritos nas clases de Aquagym organizadas desde o programa municipal ‘Exercítate no verán’ que desde esta semana se leva a cabo na piscina ao aire libre de San Eleuterio. Estas instalacións, ademáis de estar dispoñibles para o uso libre da piscina, tamén se habilitan para facer exercizo monitorizado nestas dependencias. Así, organízanse estas clases de Aaquagym de balde en grupo dous días á semana: martes e xoves de 11 a 11.45 horas (30 participantes) e mércores e venres de 11 a 11.45 horas (30 participantes).

 

O pasado 1 de xullo, abriuse ao público a piscina municipal pública ao aire libre de San Eleuterio. A entrada á mesma é totalmente libre e gratuíta cun horario ininterrompido de 11 a 21 horas de luns a venres e as fins de semana (sábado e domingo) e festivos de 12 a 20 horas.

 

As instalacións contan con servizo de socorrista durante todo o horario de apertura, vestiarios e duchas con auga quente, e servizo de limpieza e mantenimiento durante os dous meses de verán. Os usuarios e usuarias poderán gozar da piscina de San Eleuterio durante os meses de xullo e agosto.

 

Ademais desde o Concello de Mos lémbrase que dende o pasado mes de maio atópanse operativos e abertos ao público os parques de auga municipais. Os Parques da Auga da Pesqueira e de Sanguiñeda están activos todos os días en horario de mañá de 12 horas a 14 horas e de tarde de 16 horas a 21 horas.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.