Galicia
O parque acuático de Monterrei abrirá nos primeiros días de agosto
Iníciase o procedemento de adxudicación do contrato da xestión, mantemento e limpeza das piscinas de Monterrei para esta campaña de verán, avaliando as ofertas recibidas
As obras da primeira fase do parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei avanzan a bo ritmo e sen atrancos para a súa apertura nos primeiros días de agosto. Neste sentido, catro novas piscinas estarán abertas ao público este mesmo verán como son a pisicina infanti, a zona splash, a piscina relax e a piscina de ondas. Do mesmo xeito tamén se abrirá o acceso independente, vestiarios e aseos.
Esta primeira apertura estará independizada do resto da obra que segue o seu curso de cara a rematar as outras dúas fases do complexo acuático. Cómpre lembrar que durante a execución das obras poderanse utilizar en todo momento as instalacións xa existentes ou finalizadas.
Tras a inauguración da fase cero ou deportiva do Complexo Deportivo de Monterrei, cun orzamento dun millón de euros, a inicios do ano 2021 cunha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas pistas de pádel cubertas e outras dúas descubertas, a ampliación da cuberta da pista de atletismo e unha nova instalación de pump track indoor; o pasado 5 de novembro de 2021 arrancaron as obras da primeira fase do parque acuático que están a piques de ser inauguradas tras a resolución do primeiro contrato por mor da crise de subministracións e o encarecemento dos materais da construción e que terán un orzamento total duns sete millóns de euros. O proxecto de reforma do novo complexo lúdico-deportivo de Monterrei nas súas catro fases conta cun orzamento inicial de máis de dez millóns de euros.
Asemade, xa rematou o prazo para a presentación de ofertas para o concurso da xestión, mantemento e limpeza das piscinas de Monterrei para esta campaña de verán, cun orzamento base de licitación de máis de 120.000 euros. A partires de agora iniciarase o procedemento de adxudicación do contrato, avaliando as ofertas recibidas, tal e como establece a normativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170