REDONDELA
Rueda percorre un treito do Camiño Portugués pola costa acompañado de mozos galegos do exterior
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, percorreu esta mañá un treito do Camiño Portugués pola costa acompañado de mozos galegos do exterior que están a participar nas actividades do programa Conecta con Galicia.
Nesta iniciativa, que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, están a participar 50 mozos e mozas de entre 18 e 20 anos procedentes de países como A Arxentina, Brasil, Cuba, O Uruguai ou Venezuela.
O programa ten como finalidade facilitar o contacto coa cultura e xeografía galegas por parte da mocidade da Galicia exterior. Así, desde o 21 e ata o 30 de xullo realizaranse diferentes tramos do Camiño de Santiago Portugués e da Costa ata Compostela, así como actividades orientadas a coñecer a historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170