Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 26 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
As Neves

Unha galega retornada do Brasil pon en marcha un centro de formación en idiomas nas Neves

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, visitaron recentemente a academia de inglés e portugués que esta emprendedora instalou neste concello do Condado-Paradanta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, coñeceron  o proxecto empresarial dunha veciña deste concello retornada do Brasil que puxo en marcha un centro de formación en idiomas apostando deste xeito pola dinamización do ámbito rural.   

 

Eliana Ventura Ferreira retornou a Galicia grazas a unha bolsa de Excelencia Mocidade Exterior – BEME para cursar un máster na Universidade de Vigo; posteriormente puxo en marcha o seu negocio nas Neves, Ventura Language Center, solicitando unha axuda ao retorno emprendedor que tamén se viu apoiada despois a través da iniciativa de mentorización Merlo que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración para os galegos que retornan e queren potenciar de xeito exitoso o seu negocio na nosa comunidade autónoma.

 

Deste xeito, tal e como explicou o secretario xeral, esta galega contou cunha axuda de 10.000 euros da Secretaría Xeral da Emigración a través do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor. “É unha honra que retornados coa súa experiencia e capacidade aposten por Galicia como o lugar onde vivir e onde emprender, en especial no ámbito rural, dando así vida aos concellos con menor poboación e incorporando a súa familia a nosa sociedade”, xa que Eliana tamén trouxo consigo as súas dúas fillas.

 

As Axudas para o Retorno Emprendedor parten dos 6.000 euros (aumentables en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 3.000 se se pon en marcha nun concello rural), podendo chegar así ata un total de 10.000 euros.

 

Esta liña de subvencións ten como fin favorecer o retorno á nosa comunidade autónoma dos galegos residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

 

Trátase dunha das máis de 100 medidas activas da nova Estratexia Galicia Retorna, de carácter transversal e coordinada pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia.

 

A convocatoria está aberta ata o 29 de setembro. Máis información na seguinte ligazón: https://emigracion.xunta.gal/actividade/lina-de-axuda/subvencions-promover-o-autoemprego-das-persoas-emigrantes-galegas-0

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.