Miércoles, 19 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 29 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
AS NEVES

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada PO-400 nas Neves

As actuacións contan cun prazo de execución de 9 meses e consisten na rehabilitación da capa de rodaxe, o acondicionamento de interseccións ou a mellora da drenaxe en distintos puntos da vía autonómica ao paso por estes tres concellos

A Xunta iniciou esta semana as obras de mellora do firme na estrada PO-400 ao paso polos concellos da comarca do Condado-Paradanta de Arbo, As Neves e Crecente. As actuacións suporán un investimento de 3,3 millóns de euros.

 

As intervencións céntranse na renovación do firme da calzada de distintos treitos da estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 8+700 e 12+660, ao seu paso polo concello das Neves; do quilómetro 12+660 ao 17+800 e do 19+300 ao 24+800, no municipio de Arbo; e dos puntos quilométricos 24+800 ao 28+000, en Crecente.

 

Os traballos, que contan cun prazo de execución de 9 meses, comprenden o fresado e reposición do firme das zonas localizadas que se atopen deterioradas e o recrecido nalgúns treitos.

 

Tamén se levará a cabo o acondicionamento das interseccións arredor dos quilómetros 13+900 e 17+500, coa incorporación dun carril central para facilitar os desvíos.

 

Acometerase, ademais, a reparación puntual da sección transversal en distintos puntos para mellorar a capacidade de drenaxe.

 

Por último, procederase á reposición das marcas viarias, símbolos e cebreados en todo o treito da actuación e á colocación de captafaros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.