Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 28 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Marta Fernández-Tapias comprométese a dar un forte impulso á vela

A vicepresidenta da Deputación remarcou o “firme compromiso” do novo equipo da institución co deporte e as persoas e entidades que o promoven. Adiantou que “a aposta pola promoción das actividades deportivas será un dos grandes obxectivos do mandato que acaba de comezar”

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na presentación da XXVI Regata de Cruceiros do Real Club Náutico de Aguete, que terá lugar os vindeiros 5 e 6 de agosto, “unha das probas náuticas de maior arraigo e tradición en Galicia e que este ano cumpre 20 anos ininterrompidos sendo puntuable para a Copa de España, o que a converte na máis lonxeva de entre as galegas neste ámbito”.

 

Durante o acto, a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, quixo agradecer ao Real Club Mar de Aguete a súa implicación co deporte e os seus preto de 50 anos de organización de eventos náuticos de primeiro nivel na Ría Pontevedra. Consciente do esforzo que supón a organización deste tipo de eventos, comprometeuse persoalmente a dar un importante impulso á vela, non só como actividade deportiva, senón tamén polo seu alto valor turístico.

 

Así, manifestou o seu "firme compromiso" co deporte e tamén coas persoas e entidades que o promoven, para engadir que "a aposta pola promoción das actividades deportivas será un dos grandes obxectivos deste mandato que acaba de comezar".

 

No acto de presentación, ademais da vicepresidenta, tamén estiveron presentes o vicepresidente do Real Club de Mar de Aguete, Raúl Oltra de Santiago; o tenente de alcalde de Marín, Manuel Santos; o comandante-director da Escola Naval de Marín, Pedro Cardona; o presidente do Casino Mercantil de Pontevedra, Roberto Vega; a comodora do Real Club de Mar de Aguete, Celina Torrado; o representante de Luz Solidaria, Jaime Jaquotot, e os concelleiros de Marín Marián Sanmartín e Hugo González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.