Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 30 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Un campo de voluntariado pon en valor a vida e obra de Antonio Palacios

15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos desenvolven actividades culturais e visitas guiadas polo casco histórico do Porriño para poñer en valor a vida e obra do arquitecto Antonio Palacios

O Porriño acolle estes días o Campo Internacional de Voluntariado Ruta de Palacios, unha actividade impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia en colaboración co Concello do Porriño e a cooperativa Avada.


15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, chegados de México, Francia, Madrid, Sevilla, Ermua, Logroño ou a Coruña, desenvolven actividades culturais e visitas guiadas polo casco histórico do concello para poñer en valor a vida e obra do arquitecto Antonio Palacios, natural do Porriño.


En 2022 tivo a súa primeira edición e nesta segunda búscase dar continuidade ás actividades comezadas o pasado ano, cunha curtametraxe sobre Antonio Palacios e o seu legado no Porriño e contorna.  Ademais dunha serie de vídeos divulgativos en varios idiomas que plasman todo o traballo realizado.


“Con estes campos de traballo buscamos fomentar os valores do voluntariado entre a mocidade, como a intercooperación e posta en valor do patrimonio, neste caso arquitectónico/artístico”, explicou o concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, “O seu traballo non só será enriquecedor para eles, senón para todos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.