Jueves, 30 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 31 de Julio de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Alcaldesa de Salceda preocupada polo seu soldo

Loli Castiñeira amosa o seu malestar asegurando que “PSOE e BNG apoiaron a investidura de Movemento Salceda, polo que agora son corresponsables de que o goberno funcione"

Este pasado venres celebrouse a primeira Xunta de Portavoces desta lexislatura coa asistencia das portavocías de Movemento Salceda, PSOE e BNG, ademais da Alcaldesa Loli Castiñeira. "O voceiro do PP declinou participar nin designar sustitución, a pesares de que por parte da alcaldía se lle ofreceu a posibilidade de establecer un horario e un día que lle fose máis acaído" segundo explican nun comunicado de prensa do Concello de Salceda..

 

Logo do rexeitamento da oposición no Pleno do día 13 de xullo, a alcaldesa e o seu equipo de goberno seguen a realizar as súas funcións sen percibir ningún tipo de retribución dende o 17 de xuño, día en que tomaron posesión do cargo. Nesta Xuntanza de Portavoces, a Alcaldesa presentou unha nova proposta de retribucións renunciando ao incremento do IPC proposto para as adicacións absolutas, proposta que tampouco foi aceptada por PSOE e BNG. Con esta nova proposta pasaríase do aforro do 20% proposto inicialmente a un aforro do 23% con respecto á lexislatura anterior.

 

O equipo de goberno confía en chegar a un acordo que garanta a gobernabilidade do Concello e a prestación dos servizos á veciñanza coa maior calidade posible.

 

Loli Castiñeira amosa o seu malestar asegurando que “PSOE e BNG apoiaron a investidura de Movemento Salceda, polo que agora son corresponsables de que o goberno funcione con estabilidade e con capacidade de xestión, e para elo resulta imprescindible que a s catro persoas que forman o equipo de goberno poidan adicar a súa xornada ao Concello”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.