SALVATERRA DE MIÑO
O BNG de Salvaterra de Miño participa na manifestación en defensa da sanidade
O BNG de Salvaterra de Miño anima á participación masiva da cidadanía na manifestación convocada pola PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DO CONDADO E PARADANTA para o vindeiro xoves 3 de agosto que partirá dende a Praza de Abastos do Concello ás 20:30 horas, percorrendo as rúas de Salvaterra até chegar ao Centro de Saúde.
A situación sanitaria na localidade segue sen arranxarse pola escasez de persoal médico e xa son varias semanas de precariedade que pon en risco a saúde das veciñas e veciños de Salvaterra que se ven privados do normal funcionamento dun servizo básico e fundamental como é a atención primaria.
O BNG leva anos reclamando unha Sanidade Pública digna e de calidade polo que apoia as convocatorias da PLATAFORMA e alenta á veciñanza a que participe e se sensibilice na defensa deste dereito esencial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217