Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 04 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Todo listo para unha nova edición de O Son da Muralla

Este sábado 5 de agosto volve O Son da Muralla cun elenco de dj ́s nacionais e do panorama internacional

Todo está listo para recibir este sábado o público no recinto amurallado de Salvaterra de Miño. A pasada semana a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Lorena Soto, mantiveron unha reunión con Garda Civil, Policía e Gardas Xurado para organizar o operativo do evento. Tal e como salientou Marta Valcárcel “trátase dunha festa que crece cada edición e que require especial adicación para garantir a seguridade do público asistente”. Por todo iso, coordinanse ós equipos de seguridade, voluntarios e sanitarios ante calquera situación posible, cun protocolo activo en casos de acoso.

 

O Son da Muralla xa é un referente en Galicia posto que é o festival dj máis grande ó aire libre. O pasado ano foron 13.000 as persoas que se achegaron ata o recinto e prevese que nesta edición o festival continúe crecendo. O elenco de artistas fórmano DaniJay, DJ Charlie, Jorge Álvarez, DJ Canhon, Floorfilla, Marsal Ventura e Sara Santini nun espectáculo con entrada gratuíta no que haberá 6 pantallas retransmitindo en directo ademais de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.