Vigo
Ana Ortiz destaca a conexión da regata Rías Baixas co Xacobeo
A delegada territorial en Vigo participou na presentación da proba que celebra este ano a súa 60 edición da man do Real Club Náutico de Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou esta semana a LX Regata Rías Baixas Xacobeo 2023, que se celebrará entre os vindeiros 10 e 14 de agosto, xunto á vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, e o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela.
“É unha honra que esta mítica regata continúe ligada á imaxe do Xacobeo para ofrecer unha programación socio cultural máis ampla ao longo e ancho das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa difundindo os seus valores e fomentando o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e os visitantes”, sinalou a representante autonómica durante o acto levado a cabo na sé da entidade deportiva viguesa.
A regata, proba náutica por etapas máis importante de España, terá saída desde Vigo e contará con pasos polos portos de Combaro, A Pobra do Caramiñal e Sanxenxo para retornar de novo á cidade olívica. Ortiz destacou que a Xunta de Galicia apoia o proxecto da Regata Rías Baixas Xacobeo para “conseguir o ambicioso obxectivo de afianzar o liderado de Galicia como foco de atención mundial da vela, poñendo en valor ao mesmo tempo a excelencia da nosa costa”.
A delegada territorial tamén lembrou que o Xacobeo tamén dá cobertura a outras probas náuticas, como as rutas Iacobus Maris e Cabaleiro das Cunchas, co obxectivo de difundir os valores do Ano Santo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217