PROVINCIA
A Xunta dinamiza a oferta de verán da provincia de Pontevedra con campamentos e campos de voluntariado
O campamento de Mondariz-Balneario acolle seis quendas de participantes que desfrutan de actividades de multiaventura e deportivas
Os nenos e mozos galegos seguen a desfrutar da campaña de verán da Xunta que inclúe multitude de accións na provincia de Pontevedra, como o campamento de Mondariz-Balneario que visitou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.
Neste campamento multideporte participan nenos de entre 9 e 13 anos desfrutando con actividades nas que destaca a equitación, ponte tibetana, o parque de cordas, paintball ou waterpolo, e inclúe tamén obradoiros de teatro e medio ambiente. En total seis quendas de rapaces pasarán por aquí ao longo do verán.
A directora xeral tamén visitou o campo de voluntariado ‘Ruta de Palacios’, que se desenvolve no Porriño, con trece participantes procedentes de Galicia, outros puntos de España e do estranxeiro. Esta proposta xira arredor da figura dun dos máis recoñecidos arquitectos do século XX, Antonio Palacios, nado nesta localidade e que deixou a súa pegada en numerosos edificios de estilo ecléctico e rexionalista. Os participantes inícianse na fotografía arquitectónica, na filmación con drons e crean unha curtametraxe para poñer en valor o legado de Antonio Palacios, que inclúe entrevistas a expertos e a descendentes do arquitecto.
Bosque comestible e xardín sensorial
Outro dos campos de voluntariado visitados nesta xornada por Pichel foi o que se desenvolve na Aldea Alfacuca, no concello de Mos, un espazo restaurado no que un grupo de quince mozos de Galicia, doutras Comunidades Autónoma e chegados de fóra de España levan a cabo intervencións para a recuperación de fauna e flora, constrúen un sistema de recolección de augas pluviais para o rego por goteo e aprenden a remar en traíñas no porto de Cesantes. Neste campo tamén crean o que chaman bosque comestible nas inmediación da aldea, no que identifican as distintas plantas e árbores de froita cos que conta este espazo; e, ademais, elaboran un xardín sensorial con plantas e herbas aromáticas.
A campaña de verán da Xunta para este ano 2023 é a máis ampla con máis de 11.200 prazas en distintas actividades, pero tamén e a máis variada e accesible. Nela ofrécense actividades para todas as idades e gustos como campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos ou intercambios con outras Comunidades. O obxectivo e que a mocidade pase uns días de aprendizaxe e diversión e que os pais conten cun servizo de conciliación para esta época estival.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115