Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 13 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta destina 315.000 euros á humanización dunha nova rúa en Arbo

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo visitou nesta semana a actuación

A Xunta de Galicia destinou ao redor de 315.000 euros á humanización dunha nova rúa no Concello de Arbo para liberar o tráfico do centro urbano da localidade ao comunicar a rúa Vázquez Estévez e a estrada PO-400.

 

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, acompañada do alcalde da localidade, Horacio Gil, visitou a nova vía, que ten unha anchura de 10 metros, que comprende dúas beirarrúas de 2,5 m., aparcamento de 2,1 m. e calzada de 2,9 m.

 

Para facilitar a mobilidade peonil, reducirase a velocidade a 30 km/h, sinalizáronse 3 pasos peonís elevados e fíxose unha senda peonil no entronque coa PO-400 coa previsión de poder continuala no futuro ao longo desta estrada.

 

A maiores, tamén se levaron a cabo actuacións como demolicións, escavacións, recheos e rozas; renovacións de pavimentos; melloras nas redes de abastecemento, pluviais, alumeado ou telecomunicacións, e instalación de sinalización de mobiliario urbano.

 

Estas obras acometéronse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais.

 

Deste xeito, segundo explicou Encarnación Rivas, o Goberno galego financia o 70% do custo das obras e o concello achega o 30% restante, un apoio económico que resulta clave para que moitos municipios poidan acometer obras de humanización que, como esta, inciden de forma moi positiva na calidade de vida da veciñanza e na habilitación de espazos públicos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.