Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 10 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Aberto o prazo de inscrición nun novo curso sobre uso de tecnoloxía móbil para maiores

Impartirase na Axencia de Colocación en dúas sesións presenciais o vindeiro mes de setembro e o prazo de inscrición está xa aberto

[Img #83378]Desde a Axencia de Colocación do Concello de Mos e concetamente desde a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase da organización dun novo Taller: Expertclick de uso de apps móbiles para Maiores de Mos para o que xa se atopa aberto o prazo de inscrición.

 

Impartirase en dúas datas do vindeiro mes de setembro: 25/09/2023 de 16:00 a 18:00 (Sesión 1) e 26/09/2023 de 16:00 a 18:00 (Sesión 2) en modalidade presencial.

 

Expertclick é un programa de formación para achegar ás persoas maiores de 55 anos as ferramentas necesarias que lles permitan aproveitar plenamente as vantaxes que brindan as novas tecnoloxías co fin de aumentar a súa calidade de vida.

 

Nos cursos gratuítos presenciais e en liña, os maiores aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a utilizar o seu teléfono móbil ou tablet para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, comprar en liña ou aproveitar o seu tempo de lecer creativo na rede.

 

O obxectivo é aumentar a súa independencia e autonomía persoal á hora de comunicarse, realizar trámites e participar de forma activa na sociedade, mellorando así a súa autoestima e favorecendo un envellecemento activo e saudable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.