DEPORTES
Lete destaca a importancia da base no centenario do Valladares
Felicita ao Club Deportivo Valladares polos seus cen anos asentados no seu esforzo e no traballo da base xa que das 22 licenzas sénior, o 80% son de xogadores que pasaron polas categorías inferiores do club; e dos 19 equipos, o 85% son equipos de base
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou nesta semana no estadio da Gándara da presentación do centenario do Club Deportivo Valladares que este sábado xogará un triangular contra os xuvenís de División de Honra do Real Oviedo e do Real Club Celta de Vigo.
O mandatario galego destacou o esforzo do equipo da parroquia de Valadares dende a súa fundación, en febreiro do ano 1923, e a gran xestión dos seus diferentes equipos apoiado nun gran traballo realizado dende a base. Neste sentido, o secretario xeral enviou unha calorosa aperta a toda a familia da Sociedade Deportiva Chantada pola inmensa dor causada pola pésima noticia do accidente de tráfico no que perderon a vida os rapaces Álex e Abel, e expresou, do mesmo xeito, o pesar de todo o deporte galego.
No tocante ao Club Deportivo Valladares, Lete Lasa, destacou o xeito no que sobreviviu ao longo de cen anos grazas ao traballo de presidentes, adestradores, xogadores e tamén administracións como a Xunta de Galicia. Asemade, o secretario xeral destacou algúns dos fitos do Valladares como o ascenso ao terceiro banzo do fútbol nacional en 1987, a súa permanencia na Preferente como un equipo de parroquia enfrontándose a equipos de concellos ou a súa sección feminina, nada en 2011.
Todos estes éxitos, dixo o responsable do Deporte galego, susténtanse na importancia da base. Ao fío desta idea, Lete Lasa subliñou que, das 22 licenzas que ten o equipo sénior do Valladares cada tempada, máis do 80% son de xogadores que pasaron pola base; así como o feito de que dos 19 equipos que ten o club, o 85% son equipos de base.
Nesta capitalidade da base, o mandatario galego destacou a figura do capitán Tomás Vila, que leva 26 tempadas no club pasando por todas as categorías e que serve de exemplo e modelo para tantos nenos e nenas que comezan a xogar ao fútbol.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11