Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 13 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

A construción de muro de contención no Piñeiro comezará o mes que vén

Estase rematando o procedemento de contratación destes traballos que teñen un orzamento de preto de 60.000 euros e contan con subvención da Deputación de Pontevedra

Esta semana celebrouse unha nova sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local, na que se deu conta dos trámites de contratación da obra de muro de contención na subida á Cañoteira, no Piñeiro, parroquia de Sanguiñeda; procedemento que se atopa prácticamente finalizado, polo que está previsto que os traballos comecen o vindeiro mes de setembro.

 

Trátase da construción dun novo muro de contención que solucionará os desperfectos causados na zona polas últimas inundacións. Para elo, foille concedida á administración local mosense unha axuda provincial do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra. O obxecto da subvención é o de reparación de danos causados polas inundacións.

 

Concretamente o investimento realizarase no “proxecto de muro de contención na subida á Cañoteira, no Piñeiro, parroquia de Sanguiñeda”. A concesión de subvención faise polo mesmo importe do gasto a realizar na obra: 50.751,32 euros.

 

Para a acometida dos devanditos traballos o Concello posúe tódalas licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ao abeiro do establecido nas bases reguladoras do Plan provincial de reparación de danos causados polas inundacións.

 

O prazo aproximado de execución das obras é de tres meses desde o seu inicio. Prevese que o muro quede finalizado antes de que remate o presente ano 2023.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.