VIGO
A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais cara ao río Lagares
Técnicos do programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron a achega tras a alerta comunicada pola Servizo de Emerxencias do 112
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais cara ao río Lagares, no concello de Vigo.
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este punto de vertido tras unha alerta comunicada polo Servizo de Emerxencias do 112.
Na inspección observouse a existencia dun caudal que se emitía a través dunha tubaxe de formigón cara ao curso fluvial.
Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Vigo para que levara a cabo as medidas oportunas para a emenda do vertido irregular.
Nunha recente inspección á zona, os técnicos autonómicos constataron a realización das intervencións oportunas e a ausencia de caudal cara o río Lagares, eliminando así o vertido irregular ao dominio público hidráulico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217