Galicia
A Xunta destina preto de 17 m€ a apoiar a conciliación
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou onte un dos obradoiros de verán realizados no marco do programa de conciliación de Sanxenxo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, puxo onte de relevo que a Xunta destina preto de 17 millóns de euros este ano “a plans de corresponsabilidade, facilitando ás familias que poidan seguir coa súa vida e co seu lecer, coa axuda das Administracións”. Nesa liña, engadiu que avanzar na conciliación “é o mellor camiño tamén cara á igualdade”. Así o dixo durante a súa visita a un dos obradoiros de verán realizados no marco do programa de conciliación de Sanxenxo, que desenvolve accións ao longo de todo o ano e que recibe un apoio do Goberno galego de máis de 42.000 euros.
Na visita, a conselleira sinalou que o Concello organiza seis obradoiros de verán ao longo doutras tantas semanas estivais, nos que participan máis de 70 nenas e nenos. Canto ao obradoiro visitado hoxe, no auditorio Emilia Pardo Bazán, son máis de 30 pequenos de entre 4 e 12 anos, que fan múltiples actividades como talleres de cociña, xogos ou manualidades.
Este programa favorece a conciliación para facilitar que calquera persoa traballadora poida facer un uso equilibrado dos seus tempos e así velar polo coidado da súa familia, o seu desenvolvemento como persoa, a súa formación ou o seu tempo libre. Elena Rivo apuntou que desde a Xunta “tratamos de favorecer sempre a corresponsabilidade, axudando a conciliar, para o traballo e para o lecer”. Nese senso, asegurou que equilibrar os tempos non sempre é doado e que os pais necesitan o apoio das Administracións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169