O PORRIÑO
O Concello do Porriño financiará ata o 90% dos sistemas individuais de bombeo
O goberno local levará a pleno unha partida orzamentaria para a posta en marcha desta iniciativa, pioneira en Galicia
A veciñanza poderá solicitar esta axuda municipal para conectarse ao sistema de saneamento
O Concello do Porriño ten como obxectivo garantir a accesibilidade ao sistema de saneamento para toda a súa veciñanza, mesmo nas zonas de maior complexidade topográfica. Nesta liña, o goberno local presentará unha inovadora liña de axudas que subvencionará ata o 90% dos custos de instalación de sistemas de bombeo individuais para vivendas que requiren conexión á rede de saneamento do río Louro.
O reto deste proxecto pioneiro en Galicia é solventar a situación de 53 vivendas situadas por debaixo da rasante do vial onde discorre a tubaxe de saneamento do río Louro. Este contexto demanda a instalación de sistemas de bombeo individuais, incrementando o custo que os propietarios deben afrontar. O Concello do Porriño recoñece esta necesidade e busca aliviar o impacto económico para os cidadáns.
A iniciativa, que se presentará ante o vindeiro pleno municipal, contemplará unha partida orzamentaria específica para este propósito. Coa posta en marcha destas axudas, a administración local manifesta a súa vontade de traballar en conxunto coa veciñanza para acadar o obxectivo de saneamento ao 100% no termo municipal.
Segundo un estudo preliminar, as 53 vivendas que necesitan sistemas de bombeo distribúense da seguinte maneira: 13 en Mosende, 9 en Torneiros, 7 en Atios, Cans e Pontellas, 5 en Budiño, 3 en Porriño e 2 en Chenlo. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, aposta por unha colaboración estreita coa cidadanía e cre que estas axudas son un paso fundamental cara á plena accesibilidade ao servizo de saneamento.
Alejandro Lorenzo, ademais de ser o alcalde do Porriño, preside o Consorcio de Augas do Louro. Esta entidade tamén está a traballar nesta iniciativa innovadora, co obxectivo de ampliala aos outros tres concellos que integran o consorcio: Mos, Salceda de Caselas e Tui. Para iso, o Consorcio está a considerar a posibilidade de realizar estudos detallados para identificar os problemas de conexión individual en vivendas preto das redes de sumidoiros nos concellos consorciados.
Con estas novas axudas, o Concello do Porriño converte-se nun pioneiro en Galicia no que respecta á subvención de sistemas de bombeo para vivendas que, pola súa ubicación topográfica, non poden conectarse directamente á rede principal de saneamento. Este esforzo municipal suma aos xa implementados, como a eliminación da taxa anual polo baleirado de fosas sépticas e a redución do custo do servizo nun 60%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20