SOLIDARIOS
Menores con discapacidade puideron participar nos campamentos inclusivos do Concello de Monforte
Dende a Asociación Agora para Persoas con Discapacidade queren trasladar ao Concello os seus parabéns pola organización duns campamentos que permitiron a convivencia de desfrute de menores con discapacidade e sen discapacidade.
Un total de 12 menores de entre 6 e 12 anos participaron nos campamentos de verán desenvolvidos polo Concello de Monforte de Lemos. Dende a Asociación Agora de Persoas con Discapacidade, entidade membro de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) queren trasladarlle ao Consistorio os seus parabéns pola organización destes campamentos nos que puideron participar e compartir menores con discapacidade e sen discapacidade.
O recentemente nomeado presidente de Agora, Isaac Rodríguez, traslada estas felicitacións por unha organización de campamentos “inclusivos e participativos”, segundo dixo e expresou tamén que “supoñen un paso máis no recoñecemento de dereitos nos menores con discapacidade porque as actividades de lecer e tempo libre supoñen unha importante vía de comunicación e desenvolvemento social”.
A entidade Agora e mailo Concello, durante o período de reserva de prazas para os tres campamentos con duración de quince días cada un, mantiveron unha xuntanza na que a asociación lle trasladou aos representantes municipais a importancia de que foran inclusivos, permitindo tanto a asistencia, participación e convivencia de menores con discapacidade como sen discapacidade.
Algunha das familias destes 12 menores participantes trasladáronlle á entidade Agora a súa conformidade co desenvolvemento destes campamentos nos que din que as fillas e fillos gozaron dunha experiencia na queren resaltar o bo traballo dos monitores e monitoras por facela posible.
“Aínda que queda camiño por percorrer, imos dando pasos para conseguir un Monforte máis inclusivo, dándolle protagonismo a un colectivo como é o da discapacidade que empeza a ter máis presenza cando se organizan actividades de lecer”, expresa o Presidente da asociación Agora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163