Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Lunes, 21 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra ultima os traballos de mellora da estrada do Vao en Vigo

A Xunta de Goberno deu luz verde á ampliación do prazo de execución das obras, cun orzamento de 256.000 euros, por un mes máis dos catro previstos en inicio

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde á ampliación do prazo para executar as obras que a institución provincial está a realizar na estrada do Vao (EP-2003), en Vigo. O vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, informou de que “esta actuación é de vital importancia para este goberno xa que nos preocupa moito o mantemento en óptimas condicións das nosas infraestruturas viarias”. Na actualidade os traballos están moi avanzados, e coa aprobación da ampliación do prazo de execución estarán rematados en cinco meses, un mes máis dos catro previstos en inicio.

 

As obras de mellora das interseccións e acondicionamento na contorna da estrada do Vao suporán a transformación integral desta infraestrutura provincial en termos de sostibilidade e seguridade. A Deputación dedica 256.000 euros á actuación, que afecta o total do trazado da vía, de 1,6 quilómetros de lonxitude. En concreto, as obras consistirán na mellora da accesibilidade peonil e a seguridade viaria da estrada. Redistribúese o espazo para garantir a prioridade peonil, mellórase o pavimento das beirarrúas, adecúanse as interseccións con outras vías mediante pavimento táctil, e tamén as interseccións con elementos singulares como a fonte e o lavadoiro presentes ao longo do seu trazado. As obras tamén inclúen a creación de novas zonas de descanso, que se dotan de novo mobiliario e a plantación de árbores de sombra como cereixos en flor ou similares.

 

Na estrada do Vao tamén se están a executar novos pasos peonís para asegurar a plena continuidade e seguridade na estrada, e mellórase a capacidade e accesibilidade do espazo peonil próximo aos servizos da zona (como a Oficina Municipal do Distrito, os comercios, o Colexio Divino Salvador ou o centro de saúde, entre outros). Do mesmo xeito, renóvanse os rasantes e os pavimentos, execútanse alcorques transitables, píntanse as columnas de alumeado público, retranquéanse os postes, mellórase a regulación dos semáforos e renovarase a sinalización para adaptala á nova ordenación da estrada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.