DEPORTES
Conciliación a través do deporte coa segunda edición do Plan corresponsables
O vicepresidente primeiro da Xunta visitou á rapazada que compietiu en balonmán en Sanxenxo
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañou fai uns días xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, os 40 rapaces e rapazas menores de 16 anos que desfrutaron do balonmán no pavillón de Vilalonga de Sanxenxo nunha actividade organizada pola Federación Galega de Balonmán.
Trátase dunha das propostas de animación sociodeportiva enmarcadas no Plan Corresponsables. Con esta iniciativa, a Xunta promove a igualdade de oportunidades para mulleres e homes con fillos menores a cargo, habilitando servizos de coidado profesional mediante unha ampla oferta deportiva ata finais de novembro.
Diego Calvo lembrou que precisamente a semana pasada o Diario Oficial de Galicia publicou a resolución das solicitudes de subvencións a federacións deportivas para levar a cabo a segunda edición deste Plan Corresponsables.
Na convocatoria deste ano a Xunta investiu case 2,8M€ -un 10% máis que o ano pasado- que se distribuirán en axudas a 14 federacións deportivas, entre elas a de balonmán. A federación deportiva de balonmán, xunto coa de tenis e a de salvamento e socorrismo e taekwondo, son precisamente as que acadaron a máxima contía, con 300.000 euros en cada caso. Tamén resultaron beneficiarias as federacións de piragüismo, boxeo, montañismo, vela, loita, esgrima, fútbol, tríatlon e péntatlon moderno, surf e hóckey.
O vicepresidente primeiro puxo en valor durante a visita que este plan favorece a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e, ao mesmo tempo, fomenta a práctica deportiva entre a poboación máis nova e a creación do emprego coa contratación de persoas que se encarguen de adestrar e dirixir as actividades.
Por iso, agradeceu ás federacións deportivas participantes a súa implicación porque se converten en colaboradores imprescindibles na loita pola igualdade entre mulleres e homes e en inculcar hábitos saudables e os valores do deporte entre as xeracións máis novas. Nesta liña, agarda que esta segunda edición volva a ser un éxito coma o ano pasado, cando se superaron todas as expectativas co dobre de participantes e cinco veces máis das actividades previstas. Así, o Plan Corresponsables chegou en 2022 a máis de 17.700 participantes con máis de 2.500 actividades en 175 concellos que permitiron a contratación de 364 persoas.
Co obxectivo de achegar esta iniciativa a máis persoas, a Xunta asinou a comezos de ano coas tres universidades galegas un convenio por importe de 585.000 euros para que, ao igual que as federacións deportivas, poidan levar a cabo iniciativas de animación sociodeportiva, talleres, eventos, campionatos, exhibicións ou accións formativas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11