Galicia
Voluntariado en Galicia: Coidando o patrimonio medioambiental, cultural e turístico
Forman parte da Campaña de Verán da Xunta, coa que pon á disposición dos mozos e das súas familias máis de 11.200 prazas en campamentos, minicampamentos, campos de voluntariado e outras actividades
Co inicio da tempada estival, a Xunta de Galicia presenta unha nova e ambiciosa Campaña de Verán, que ofrece máis de 11.200 prazas en campamentos, minicampamentos e, especialmente, campos de voluntariado. Bajo o lema "O verán que sempre vas lembrar", esta programación histórica proporciona á xuventude galega unha ampla variedade de alternativas para desfrutar do tempo libre, ademais de ser un recurso de conciliación para as familias.
Ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro, Galicia convértese nun auténtico foco de actividades para mozos entre os 18 e os 30 anos. Entre as diferentes opcións da Campaña de Verán, os campos de voluntariado destacan como unha das actividades máis atractivas e encheron as 700 prazas dispoñibles.
Con 46 campos de voluntariado programados, a Xunta, en colaboración cos concellos, ofrece aos mozos a posibilidade de participar en proxectos de conservación do medio ambiente, posta en valor do patrimonio histórico e cultural, dinamización turística, traballo social e moitas outras modalidades. Algúns destes campos teñen lugar en lugares emblemáticos, como as illas Cíes, onde se desenvolve o máis antigo campo de voluntariado de Galicia, con cinco quendas este verán.
A distribución dos campos de voluntariado por provincias é a seguinte: 13 en A Coruña, 11 en concellos de Ourense, 14 en Pontevedra e 8 en Lugo.
Estas iniciativas non só contribúen á mellora da contorna na que se desenvolven, senón que tamén buscan fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade entre a xuventude. Ademais, os participantes proceden non só doutras rexións de España, senón tamén de países estranxeiros, enriquecendo así a experiencia e as relacións interculturais.
As prazas para os campos de voluntariado están a ser moi demandadas, e a participación nos que xa se celebraron o pasado mes de xullo foi moi elevada, cubrindo practicamente todas as prazas ofertadas.
A inscrición nestes campos pode realizarse en liña a través da páxina web xuventude.xunta.es, onde tamén se pode consultar a programación completa da Campaña de Verán. Ademais, os mozos galegos tamén teñen a opción de participar noutros campos organizados noutras Comunidades Autónomas e mesmo no estranxeiro, como Castela-A Mancha, Castela León, Estremadura, A Rioxa, a Comunidade Valenciana, Portugal, Francia, Alemaña, Islandia e Estonia. Con tantas alternativas, este verán será realmente inesquecible para a xuventude galega.
Daniel Isaías López Torres, participante no campo de voluntariado de Viana do Bolo
![[Img #83530]](https://xornal21.com/upload/images/08_2023/798_ps_foto_1.jpg)
“O meu propósito é facer cada ano un campo de voluntariado e se é en Galicia mellor”
Daniel ten 20 anos, naceu en Venezuela e actualmente vive en Madrid. Do 4 ao 15 de xullo estivo en Galicia participando na primeira edición do campo de voluntariado de Viana do Bolo (Ourense), unha das novidades da Campaña de Verán da Xunta de Galicia. Un campo de temática teatral no que Daniel conviviu con outros mozos de Galicia, do resto de España e do estranxeiro.
Foi a túa primeira participación nun campo de voluntariado?
Si, esta foi a miña primeira vez. Intento aproveitar as miñas vacacións para vir, sempre que podo, a Galicia porque os meus avós eran de aquí. Informeime sobre os campos de voluntariado que hai en Galicia a través da páxina de xuventude da Comunidade de Madrid, comprobei que había un montón de posibilidades e anoteime para o de Viana do Bolo
En que consistiron as actividades no campo?
Fixemos varias representacións na praza do pobo contando as lendas e mitos de Viana do Bolo. Encargámonos de todo o proceso: de elaborar o guión, facer os traxes, do atrezo. O teatro foi a actividade principal, pero tamén fixemos excursións, rutas, visitas...
Como valoras a experiencia?
A verdade é que ía sen expectativas, pero ao final sorprendeume moi gratamente. O meu propósito agora é realizar cada ano algún campo de voluntariado e, se pode ser en Galicia, mellor. As actividades dos campos que se ofertan aquí creo que se axustan moi ben ao que queremos os mozos e ademais supoñen unha oportunidade moi boa para coñecer xente, novos lugares e desfrutar da natureza e dos espazos naturais que ten Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102