Jueves, 30 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 23 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
Crisis no goberno de Salceda de Caselas

Cesan a Teresa Pérez Xefa de Gabinete do Concello de Salceda de Caselas

O Pleno non ratificou o decreto de nomeamento de persoal de confianza. O cese foi rexeitado cos votos en contra do PP e do Grupo Mixto-BNG e a abstención do PsdeG-PSOE.

A Alcaldesa de Salceda de Caselas, Dolores Castiñeira, procedeu hoxe a asinar o cese da única persoa que exercía traballos encomendados a persoal de confianza, ao non ratificar o pleno municipal o decreto de nomeamento. O cese é efectivo dende o día 21 de agosto.

 

Na sesión plenaria celebrada onte, a corporación local decidíu non aprobar o nomeamento nas mesmas condicións que figuraba nos orzamentos do Concello, e tampouco con outras características diferentes como fora a pretensión inicial do grupo de goberno, o que na practica significa un rexeitamento ao nomeamento deste persoal eventual, e que se produce por vez primeira dende o ano 2006. O punto foi rexeitado cos votos en contra do PP e do Grupo Mixto-BNG e a abstención do PsdeG-PSOE.

 

A pesares de que un dos grupos políticos (PSdeG-PSOE) mostrouse a favor de que o persoal eventual puidera existir sempre en cando non se actualizase o seu salario (igual que en 2019), finalmente na sesión plenaria decidiu absterse, argumentando agora que o que se trataba era o conxunto, entendendo que non se podía aprobar o persoal eventual se non eran aprobadas as retribucións do resto dos concelleiros e concelleiras do goberno e da corporación. En consecuencia, o decreto asinado no seu día para cubrir o posto vacante por cambio de alcaldesa quedou sen efecto.

 

Tere Pérez, a persoa que viña desempeñando o cargo de Xefa de Gabinete, prestou os seus servizos tamén durante o goberno de coalición da pasada lexislatura, traballando para os dous partidos,

 

A alcaldesa lamenta a decisión de non ratificar o decreto polo Pleno por cando esta persoa de confianza e que no orzamento aparece como Persoal eventual, denominado “auxiliar administrativo”, realizaba, entre outras, importantes funcións para o goberno e para a Corporación no seu conxunto, entre elas o apoio ao departamento de secretaría na xustificación e xestión de subvencións, tarefas que recaerán agora plenamente nun departamento xa de por si cunha gran carga de traballo.

 

Esta é a segunda vez que o equipo de goberno leva o posto do persoal de confianza ao pleno. A primeira propondo unha actualización salarial en base ao IPC con respecto a proposta actual, e a segunda, este 21 de agosto,  atendendo a petición do PSdeG-PSOE de deixar a cantidade como estaba establecida en 2019.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.