Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Martes, 29 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación ultima o traslado do Parque de Maquinaria ao polígono de Barro

A Xunta de Goberno aprobou unha ampliación do prazo de execución das obras do novo recinto, que mobilizan máis de 4 millóns de euros coa recuperación da Xunqueira de Alba

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, deu conta dos avances no proxecto de traslado do Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra ao polígono de Barro. Domínguez sinalou que a Xunta de Goberno provincial acaba de aprobar unha ampliación do prazo de execución dos traballos, que permitirán paralelamente a recuperación ambiental da Xunqueira de Alba e suporán unha mobilización global de 4,4 millóns de euros.

 

Deste xeito, tal como sinalou o vicepresidente, “o prazo para o traslado do Parque de Maquinaria a Barro amplíase dous meses, do 28 de agosto ao 27 de outubro”, a petición da empresa pública Tragsa, encargada da execución. A ampliación deriva dunha acumulación de incidencias, entre as que se atopan, informou Domínguez, “as continuas subas de prezos dos derivados do petróleo que deixaron deserto o expediente para a contratación da execución da capa de firme”. Tamén, “non dispoñer de enerxía definitiva na obra condicionou a súa posta en funcionamento e comprobación na data prevista”. Ademais, “estanse redactando os proxectos de legalización de todas as instalacións e adecuándoos á realidade da obra” e, por último, “a folga do metal, que afectou a todas as obras de todas as administracións, retrasou as subministracións de materiais”.

 

Na actualidade, os traballos do novo Parque de Maquinaria, que ocupará unha extensión de 8.800 m2, “están moi avanzados, coa construción dos edificios finalizada. A parte de maior envergadura que queda por rematar é a da urbanización das rúas interiores do novo recinto”, asegurou o vicepresidente provincial.

 

Rafa Domínguez tamén informou da situación actual na Xunqueira de Alba, onde “xa se demoleron por completo o Parque de Maquinaria e a Imprenta provincial, e estase a levar a cabo a restauración ambiental”. O vicepresidente sinalou que a previsión actual da Deputación é que as obras de recuperación estean rematadas tamén en outubro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.