Domingo, 05 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Miércoles, 30 de Agosto de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis cunetas de seguridade na Rede Provincial de Estradas de Pontevedra

A Xunta de Goberno aprobou unha ampliación do prazo ata finais de ano para a execución destes traballos, que neste 2023 supoñen un investimento de 1,9 millóns de euros

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar nas obras de instalación de cunetas de seguridade na rede provincial de estradas. Como informou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, a Xunta de Goberno acordou hoxe a ampliación do prazo de execución destes traballos, nos que se invisten 1,9 millóns de euros en 2023. As obras derívanse, como destacou Domínguez, do acordo marco que aprobou a Deputación “para dotar as vías provinciais destes elementos de seguridade naqueles puntos nos que, polas súas circunstancias ou características, resulta imposible realizar sendas ou plataformas únicas”. O resultado “ofrece igualmente aos peóns unha seguridade e un itinerario cómodo”, engadiu.

 

A través deste acordo marco dividiuse a provincia en tres zonas (norte, centro e sur), e este ano estase a actuar nun total de 77 estradas en 54 concellos. O prazo para rematar as obras finalizaba en setembro e tralo acordo da Xunta de Goberno amplíase tres meses máis.

 

Na zona norte o investimento é de 665.000 €, e estase a actuar en 20 estradas que transcorren por Forcarei, Silleda, Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Caldas, Cuntis, Valga e Catoira.

 

No que se refire á zona centro, o investimento neste 2023 é de 740.000 € e estanse a instalar cunetas en 38 estradas que transcorren por Barro, Portas, Pontevedra, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Redondela, Caldas, Moraña, Campo Lameiro, Cuntis, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

 

Finalmente, na zona sur o orzamento é de 600.000 € e estase a intervir en 19 estradas provinciais que discorren por Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda, Mos, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, Ponteareas, As Neves, Mondariz, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.