PROVINCIA
140 nenos desfrutarán da décima quenda dos campamentos “Depo Aventura”
Os pequenos entre 8 e 13 anos participarán en actividades lúdicas e formativas ao longo de seis días nas instalacións que a Deputación de Pontevedra ten no Grove
Desde este domingo 27 de agosto ata o próximo sábado 2 de setembro, un total de 139 nenos e nenas de 26 concellos da provincia participarán na décima quenda dos campamentos de “Depo Aventura” A Lanzada. Ao longo desas seis xornadas, grazas á Deputación de Pontevedra desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas que contribuirán ao seu enriquecemento persoal e a coñecer lugares fóra da súa contorna habitual.
Nesta décima quenda de “Depo Aventura”, as 71 nenas e 68 nenos (todas e todos nados entre os anos 2010 e 2015) proceden de Vigo (88), Pontevedra (10), Redondela (6), Gondomar (4), Marín (4), Cuntis (3), Nigrán (3), Meaño (2), Tui (2), Agolada (1), Baiona (1), Barro (1), Cangas (1), A Cañiza (1), Covelo (1), Forcarei (1), O Grove (1), Mos (1), Pazos de Borbén (1), Poio (1), Ponteareas (1), O Porriño (1), Salvaterra do Miño (1), Sanxenxo (1), Soutomaior (1) e Vilagarcía de Arousa (1).
A Deputación ofrécelle ás nenas e nenos do campamento un programa de actividades que, baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, está destinado a favorecer a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a igualdade de xénero, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento da contorna. Ademais, a cativada realizará un obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de “Depo Aventura” 2023, as crianzas realizan excursións relacionadas coa natureza e o coidado do medio ambiente.
Nesta edición de “Depo Aventura”, que se desenvolve ata o 9 de setembro, participarán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia divididos en once quendas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163