Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 21:33:57 horas

Xornal21.es
Sábado, 02 de Septiembre de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O PP de Tomiño esixe ao goberno local que cubra a praza de Tesoureiro para evitar retrasos nos pagos

A voceira municipal, Lara Meneses, cre imprescindible contar con este profesional, “xa que a falla dunha sinatura autorizada sempre causa problemas no abono das facturas e as pemes que traballan para o Concello non teñen que sufrir as consecuencias”

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de esixirlle ao goberno local que cubra de inmediato a praza de tesoureiro municipal con motivo da xubilación do seu titular, xa que advirte que esta vacante pode ocasionar importantes retrasos nos pagos a provedores, moitos dos cales son, ademais, empresas do propio municipio.


A voceira municipal, Lara Meneses, cre imprescindible que o Concello conte canto antes cun profesional habilitado nestas funcións, “xa que a falla de sinatura autorizada para a realización dos pagos sempre causa trastornos no abono das facturas e as decenas de pemes que traballan para a administración local non teñen que sufrir estas consecuencias, ao que hai que engadir outro grave problema para o funcionamento municipal xa que o tesoureiro tamén se encargaba da contabilidade”.


“Cremos que é fundamental que o Concello, nunha sociedade dixitalizada como a actual na que os procesos de pago non son coma antano, afronte rápido as obrigas económicas que adquire con provedores e pemes, porque para estas empresas e negocios é moi importante cobrar canto antes as facturas tanto polo actual contexto de inflación como para evitar tensións internas na súa tesourería”, manifestou Meneses.


A concelleira popular revelou que o pago a provedores do Concello de Tomiño pechouse o pasado 2022 a unha media de 13 días desde a conformación da factura no seo dos servizos municipais, pero incrementouse por riba dos 19 días á conclusión do primeiro trimestre do presente 2023.


“Aínda non coñecemos os datos do segundo trimestre correspondentes co pasado mes de xuño, pero tememos que a xubilación do tesoureiro, que se vai producir este mesmo verán, provoque unha dilatación dos pagos que non se merecen as empresas que traballan para o Concello”, advertíu a edil do PP de Tomiño.


Ademais, a voceira popular quixo lembrarlle ao goberno local do BNG que é o único e exclusivo responsable do cadro de persoal municipal e lamentou que non soubera xestionar a prórroga do tesoureiro, que quería continuar malia a súa xubilación pero topouse coa negativa da alcaldesa, nin tampouco culminar con éxito a consecución de habilitados compartidos con outros concellos nas negociacións que emprenderon durante as últimas semanas.


“Polo momento solventáronse as vacacións do tesoureiro previas á xubilación cun tesoureiro accidental, pero non convenceron a outros profesionais nin aceptaron a solución ofertada pola Xunta para outorgarnos un interino, polo que descoñecemos a saída que van adoptar, e non nos parece axeitada a única posibilidade que lles queda, que pasa por funcionar con tesoureiros accidentais por períodos inferios a un mes”, detallou a concelleira, que agradeceu a colaboración do Goberno galego neste asunto fronte á pechazón do executivo local.


“Non sabemos se prefiren estar sen tesoureiro por motivos que non entendemos malia que pode ocasionar importantes retrasos nos pagos a provedores ou ben que non son capaces de atopar a alguén que queira traballar no Concello, algo que poderíamos chegar a entender porque debe ser difícil para un profesional aturar as actitudes de cortijo do goberno nacionalista de Tomiño, pero en calquera caso eles son os responsables e teñen que conseguir unha solución xa”, concluiu Meneses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.