GALICIA
Xunta e Cáritas Galicia formarán a persoas inmigrantes en situación irregular
Salienta que o obxectivo é que poidan obter unha autorización de residencia e de traballo, ao tempo que se contribúe a facer fronte á escaseza de man de obra en certos sectores do mercado laboral
O presidente da Goberno, Alfonso Rueda, puxo en valor a autorización esta semana polo Consello da Xunta dun convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cáritas Federadas en Galicia para o desenvolvemento dun proxecto piloto de arraigamento para a formación de persoas inmigrantes en situación irregular en sectores nos que precisan man de obra, “polo que vai facilitar que atopen neles un posto de traballo”.
O mandatario galego salientou que se trata dunha iniciativa pioneira que persegue un “obxectivo dobre”; que estas persoas poidan obter unha autorización de residencia e de traballo que facilite a súa integración sociolaboral e a regularización da súa situación, ao tempo que se contribúe tamén a facer fronte á escaseza de persoal en certos sectores do mercado laboral con “serios problemas” para atopar man de obra.
Neste senso, explicou que só por participar neste programa de arraigamento para a formación, as persoas participantes poderán solictar a autorización de residencia. E, unha vez finalizada a formación, e presentado un contrato poderán pedir a autorización de residencia e traballo.
Rueda precisou que poderán beneficiarse persoas en situación irregular en España, cunha permanencia mínima de dous anos no país, sen antecedentes penais. Tamén avanzou que a Xunta investirá preto de 400.000 euros neste programa e no que se prevé que este ano participen inicialmente “entre 65 e 70” persoas inmigrantes en situación irregular.
O acordo formalizarase tras a entrada en vigor o ano pasado do real decreto polo que se modificou o Regulamento da Lei orgánica sobre dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España e a súa integración social, co que tamén entrou en vigor a nova figura do arraigo para a formación. Deste xeito, aquelas persoas que residan en España en situación irregular e cumpran un compromiso efectivo de formación poderán obter unha autorización de residencia.
Desenvolvemento do convenio
O proxecto piloto está integrado por un itinerario de arraigo para a formación que arrancará coa captación de potenciais persoas participantes, coa prospección empresarial para determinar ámbitos de formación con maiores posibilidades de inserción laboral e coa selección das persoas beneficiarias. Posteriormente, elaboraranse itinerarios individualizados de arraigo para a formación nos cales deberán incluírse accións de diagnose, deseño, seguimento e acompañamento, así como accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades para o acceso e a permanencia no mercado laboral.
Seguidamente, o proxecto piloto inclúe a formación capacitante para obter a autorización de arraigo para a formación tendo en conta os resultados da prospección empresarial, a inserción laboral das persoas participantes, que deberá ser a través dun contrato de traballo relacionado coa familia profesional da formación recibida e acreditada no arraigo para a formación e, por último, o acompañamento e seguimento individualizado durante todo o proceso de arraigo para a formación, incluída a fase de inserción laboral.
No marco do convenio, a entidade Cáritas Federadas en Galicia comprométese a desenvolver todas as accións e funcións descritas e a poñer á disposición os recursos humanos e materiais precisos para a súa execución. Pola súa banda, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, alén de achegar preto de 400.000 euros para o obxecto do acordo, comprométese a facilitar a información de que dispoña relativa a ofertas de traballo non cubertas e aos perfís profesionais máis demandados.
Compromiso da Xunta
No eido da formación, a iniciativa enmárcase nos programas levados a cabo pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, nomeadamente a través da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, co fin de impulsar a formación de cara á consecución dun traballo estable e de calidade e, ao tempo, cubrir as vacantes existentes no mercado laboral.
En referencia a novos traballadores procedentes do exterior, cómpre mencionar a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, na cal se enmarca a Estratexia Cualifica Retorna, que favorecerá o regreso de centos de galegos cun contrato de traballo indefinido buscando conectar as vacantes laborais con perfís altamente cualificados doutros países

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126